A casa da cultura de Vegadeo acolle os Encontros teatrais IES Elisa e Luis Villamil Memorial Félix Menéndez

AMariñaXa
A casa da cultura de Vegadeo acolle o vindeiro venres 5 de maio ás 18.00 horas a obra Pinocho de Mar Rojo Teatro
9 Feb 2024

A casa da cultura de Vegadeo acolle neste primeiro trimestre do ano 2024 os Encontros teatrais IES Elisa e Luis Villamil Memorial Félix Menéndez.

Esta cita artística celebra a súa vixésimo quinta edición e malia que xa comezou en xaneiro, seguira o vindeiro 18 de febreiro con 'Pan con chocolate' do grupo de teatro Ollomao de Barreiros.

Esta obra está escrita e dirixida por Ramón Casas e nela recuperanse as vivencias e as lembranzas dos nenos e mozos durante os anos 50 e 60 do século pasado. A vida nas aldeas, a emigración, a sexualidade ou as nais solteiras son algúns dos temas que un grupo de xubilados rememora nesta obra.

A seguinte, o 25 de febreiro, será 'Agua de celos', unha comedia escrita por Ana Millas, que fala da relación entre Sandra e Raul que tras anos de matrimonio foise salpicando de pequenas desavinzas.

Xa o 3 de marzo será a quenda de 'Mira como me siento' de Teatro Cioyo de Castropol. Esta obra está escrita e dirixida por Carlos Martínez, e narra a vida de Andrés, afectado por unha enfermidade neurolóxica, que se debate nun mar de dúbidas no ocaso da súa vida. Desde a súa cadeira de rodas descóbrenos, a través das persoas que rodean a súa existencia, un universo feminino de ilusións, de frustración, de soños e realidades, de medo e superación.

O domingo 10 de marzo a obra 'Pluto' de Teatro Kumen falará do deus do diñeiro que vai cantando cego polas rúas. E o día 17 será 'Ninette y un señor de Murcia' de La Capacha a encargada de pechar os Encontros Teatrais.

Para máis información desta e outras actividades da casa de cultura haberá que visitar a axenda da páxina web da biblioteca.

0.20466613769531