A casa da cultura de San Cibrao acollerá a obra de teatro As que limpan

AMariñaXa
Ao abeiro do 8M a casa da cultura de San Cibrao acollerá a obra de teatro As que limpan, que dará comezo ás 19.30 horas.
1 Cervo 8M 2022
4 Mar 2022

Ao abeiro do 8M a casa da cultura de San Cibrao acollerá o domingo 6 de marzo a obra de teatro As que limpan, que dará comezo ás 19.30 horas.

Esta obra fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis para conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. Na súa fronte, a avaricia dos propietarios das cadeas hoteleiras.

Neste espectáculo as artistas formulan tres preguntas, se é posible revalorizar este traballo e desligalo do xénero?, se existe turismo sostible? e quen limpa na casa da limpadora?

As que limpan, non só fala de traballadoras da limpeza, fala de mulleres e do chan mollado sobre o que camiñamos cada día.

0.12871694564819