A casa da cultura de San Cibrao acolle a exposición colectiva 'Not Accademic'

AMariñaXa
Os visitantes da casa da cultura de San Cibrao poden desfrutar dunha nova exposición colectiva baixo o nome de Not Accademic.
mostra colectiva san cibrao 2023 xullo
12 Xul 2023

Os visitantes da casa da cultura de San Cibrao poden desfrutar dunha nova exposición colectiva baixo o nome de Not Accademic. Poderase visitar durante todo o mes de xullo, de luns a venres, en horario de 9.00 a 15.00 horas

Nesta mostra colectiva forman parte Abraham Moreno, Raquel Arias, Daniel San Miguel e Juan Manuel Regadera, todos eles estudantes de Belas Artes, que comparten con todos nós o seu talento.

Not Accademic é o título da súa obra conxunta composta por pezas de carácter visual e plástico cunha habilidade técnica que non podes deixar de apreciar, nas súas diferentes modalidades (debuxo, deseño, pintura, fotografía...).

mostra colectiva san cibrao 2023 xullo
0.080164194107056