A casa da cultura de Foz acollerá unha nova edición do ciclo de charlas médicas

Foz
AMariñaXa
O Concello de Foz inicia este mércores, día 9, unha nova edición do ciclo de charlas médicas. Serán todos os mércores de novembro
301023 PRESENTACIÓN CICLO DE CHARLAS MÉDICAS FOZ
31 Out 2023

Os mércores 8, 15 e 22 de novembro ás 20.00 horas na casa da cultura de Foz terá lugar unha nova edición do ciclo de charlas médicas que o Concello de Foz está a organizar estes últimos anos en colaboración co Hospital Público da Mariña.

A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, anuncia: “este ano comezamos o mércores 8 con Maite Lanza Méndez, traballadora social e técnica responsable das actividades de prevención da Unidade de Drogodependencias, que nos vén falar de Deixar de fumar: por que e como? O mércores 15 o urólogo Marco Antonio García Expósito centra a súa charla na Próstata: que deberíamos saber? E remataremos esta edición o mércores 22 co psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que comentará sobre A saúde mental na actualidade”.

A edil de Sanidade xunto co alcalde de Foz, Fran Cajoto, agradecen a colaboración e disposición do Hospital público da Mariña “por facer posible estas charlas, que achegan coñecemento aos veciños; e tamén aos relatores, por toda a labor que están a facer”.

0.1826000213623