A casa da cultura de Cervo acollerá a mostra pictórica Luz da Balea

AMariñaXa
A casa da cultura acollerá a mostra pictórica Luz da Balea, da artista Blanca Dacal, e inaugurarase o vindeiro domingo 7 de agosto
inauguracion luz de la ballena Cervo 1
inauguracion luz de la ballena Cervo 1
4 Ago 2022

A casa da cultura acollerá a mostra pictórica Luz da Balea, da artista Blanca Dacal, e inaugurarase o vindeiro domingo 7 de agosto ás 13.00 horas.

Poderase visitar de luns a venres en horario de mañá, de 9.00 a 14.30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35. E ata o 29 de agosto.

En palabras de Blanca Dacal, "con Luz da Balea pretendo rescatar a presencia das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación"

0.07588791847229