A casa da cultura de Burela conta cunha exposición da Aula do Mar A Mariña

AMariñaXa
A Aula do Mar A Mariña de Cervo prepara unha exposición que estará ubicada na sala de arte da casa da cultura de Burela ata o 29 de setembro.
cervo aula do mar
3 Aug 2021

A Aula do Mar A Mariña de Cervo, pertencente a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental prepara unha exposición que estará ubicada na sala de arte da casa da cultura de Burela ata o 29 de setembro.

O horario no que se  poderá visitar a exposición será en agosto polas mañás de luns a venres, de 10 a 14 horas  e, en setembro, polas mañás de 10 a 13 horas e polas trades de 17 a 20 horas.

Esta actividade está subvencionada a través do Grupo de Acción Local do Sector  Pesqueiro A Mariña-Ortegal da Consellería do Mar, dentro do marco do Fondo Marítimo  e de Pesca (FEMP), no que colabora a Delegación Municipal de Cultura do Concello de  Burela. 

A Aula do Mar é a primeira aula do mar inclusiva de Galicia. Trátase dun proxecto  de integración social para as persoas con enfermidade mental crónica na cal se pon en  valor o patrimonio costeiro, os recursos patrimoniais e ambientais da zoa A Mariña Ortegal.  

Os principais obxectivos da Aula son a posta en valor do patrimonio marítimo costeiro, das tradicións e expresións culturais vinculadas ao mar e crear conciencia e valorar o patrimonio marítimo-costeiro así como a conservación do medio ambiente.  

cervo aula do mar 2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18168592453003