A casa da cultura de Burela acollerá unha charla para maiores sobre educación vial

AMariñaXa
Burela acollerá unha charla para persoas maiores sobre as normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas.
charla persoas maiores burela dgt 1
18 Nov 2021

A casa da cultura acollerá o vindeiro luns, 22 de novembro, ás 17:30 horas unha charla para persoas maiores sobre as normas básicas e comportamentos como peóns e condutores nas vías públicas. Está organizada pola DGT en colaboración co Concello de Burela. 

A concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, sinala que “prodúcense ás veces accidentes de peóns, atropelos... por todo isto a Xefatura de Tráfico en colaboración co Concello de Burela vai a realizar unha charla informativa destinada ás persoas maiores para lembrarlles como deben comportarse como peóns nas vías públicas e mesmo algúns aínda estarán a utilizar o seu vehículo particular polo que se lles lembrarán algunhas normas básicas”. 

A edil burelesa anima “a acudir a esta charla, xa que será de grande interese para as nosas persoas maiores. Vanse repartir chalecos reflectores entre os asistentes”. 

charla persoas maiores burela dgt

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14766883850098