A casa da cultura de Burela acollerá a representación da montaxe O premio

AMariñaXa
A casa da cultura de Burela acollerá o sábado 13 de novembro ás 20.30 horas a representación da montaxe O premio
o premio teatro 1
9 Nov 2021

A casa da cultura de Burela acollerá o sábado 13 de novembro ás 20.30 horas a representación da montaxe O premio, desenvolvida pola formación La Quintana Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG).

Marián Bañobre dirixe a obra a partir dun texto de Santiago Cortegoso que levan a escena Victoria Teijeiro, Xurxo Cortázar e Raquel Espada.

O premio é unha comedia aceda ambientada nun futuro próximo, no que o progreso tecnolóxico e a presión por lograr o éxito levan aos cidadáns a un estado de desánimo e frustración, agravado por unha gran crise económica por mor do envellecemento da cidadanía. Para enfrontar a situación, os dirixentes poñen en marcha unha insólita popular medida: crear un reality en directo, onde o público decide que concursante merece o premio da súa vida: Morrer logrando a fama. Todo por un soño.

As entradas teñen un prezo de 4 euros.

o premio teatro
0.17719101905823