A casa da cultura de Burela acolle unha exposición de postais de Nadal

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A exposición de postais de Nadal realizadas por escolares de Burela estará aberta na Casa da Cultura de Burela do 20 de decembro ata o 15 de xaneiro.
EU6pVxcXQAAEiJD
19 Dec 2019

A exposición de postais de Nadal realizadas por escolares de Burela estará aberta na Casa da Cultura de Burela do 20 de decembro ata o 15 de xaneiro.

Na mostra expóñense os traballos presentados ao concurso, convocado polo Concello, no que participaron nenos e nenas en idade escolar. O tema foi O Nadal, con técnica libre, e o tamaño aproximado das postais é de 15x21 cms pechada e 30x21 cms aberta. As categorías son: Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, 3º e 4º de Primaria e 5º e 6º de Primaria. Foron presentadas un total de 150 postais.

Os traballos estarán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela, sita no primeiro andar, desde este venres, 20 de decembro, ata o 15 de xaneiro de 2020. O horario de visitas será de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

0.19771194458008