A casa da cultura de Burela acolle a representación de ‘La Sirenita, Tributo Musical’

AMariñaXa
O musical 'De ellos aprendí' chega ao auditorio de Burela. Será o domingo 13 de marzo ás 18.00 horas e as entradas xa están dispoñibles
16 Dec 2023

A casa da cultura de Burela acolle a representación de ‘La Sirenita, Tributo Musical’ a cargo de La Barbarie Teatro Musical e La Máscara Producciones.

A representación terá lugar a partir das 18.00 o venres 29 de decembro. Poderanse adquirir as entradas, dispoñibles a partir de 15 euros, na web giglon.com ou en El Corte Inglés.

O evento repasará as mellores cancións do coñecido clásico da animación, da man dun equipo de profesionais do teatro musical. Será unha ocasión perfecta para gozar con toda a familia na época do Nadal.

Ademais, a programación musical no Concello de Burela inclúe tamén o día de mañá, sábado 16 de decembro, o concerto de rock infantil en galego de Pakolas ás 18.00 na praza da Mariña, e o Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela ás 20:00 o domingo 17 na Casa da Cultura.

0.1856210231781