A casa da cultura de Burela acolle a mostra de acuarelas, Creaturas

AMariñaXa
Do 5 ao 30 de decembro poderase gozar na casa da cultura de Creaturas, exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas.
mostra Creaturas Burela 1
mostra Creaturas Burela 1
27 Nov 2022

Do 5 ao 30 de decembro poderase gozar na sala de arte da casa da cultura de Creaturas, exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas.

Unha mostra de variados motivos na que se pode atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona. A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia. Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela.

A inauguración terá lugar o luns 5 de decembro ás 18.00 horas.

mostra Creaturas Burela
0.067996978759766