A casa da cultura de Alfoz acollerá unha reunión con Adamo

AMariñaXa
A casa da cultura de Alfoz acollerá unha reunión coa operadora de telefonía Adamo na que se informará das fases e datas da instalación
adamo reunion alfoz 1
25 Xuño 2021

O mércores 30 de xuño a casa da cultura de Alfoz acollerá unha reunión coa operadora de telefonía Adamo na que se informará das fases e datas da instalación de fibra óptica no Concello.

Esta será ás 20:00h no salón de actos e falarase dos diferentes servizos que prestarán, ademais de resolver calquera dúbida dos asistentes.

0.12150406837463