A casa da cultura de Alfoz acollerá unha charla sobre subvencións para a mellora de vivendas

AMariñaXa
O 20 de maio o salón de actos da casa da cultura de Alfoz acollerá unha charla sobre subvencións dispoñibles para a mellora de vivendas
eficiencia enerxetica vivendas
9 Abr 2023

O venres, 20 de maio, ás 19.00 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz terá lugar unha charla informativa sobre as subvencións dispoñibles para a mellora de vivendas: rehabilitación, mellora enerxética, accesibilidade, etc.

Contarase cunha empresa especializada en tramitar este tipo de axudas a particulares para informar das distintas axudas, requisitos, importes, tramitación, etc.

Son moitas as razóns de peso para invertir en eficiencia enerxética dos nosos fogares. Por exemplo polo aforro económico, o respecto ambiental,a  maior durabilidade, os beneficios fiscais, o aumento do valor da vivenda, e maior confort.

charla axudas rehabilitacion vivenda alfoz 2023
0.091687917709351