A casa da cultura de Alfoz acollerá un obradoiro sobre muller e saúde
A casa da cultura de Alfoz acollerá o vindeiro 21 de outubro un obradoiro sobre muller e saúde. É unha actividade totalmente gratuíta que se levará a cabo ás 16.00 horas e estará organizado pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde.
Dirixida a mulleres de todas as idades e impartida por Cristina Ouro, Matrona do Hospital Universitario Lucus Augusti.
Ten coma obxectivos mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos da muller, previr enfermidades propias do colectivo feminino, promover a saúde física, emocional e social das mulleres e fomentar hábitos de vida saudables.
O programa inclúe a menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisopatoloxía, alimentación e exercicio.
É necesaria a inscrición previa polo que compre chamar e anotarse no teléfono 982 558 001.