A casa da cultura de Alfoz acolle o ciclo Música para outono
Os vindeiros sábados 7 e 14 de outubro ás 20.00 horas, o salón de actos da casa da cultura acollerá o ciclo Música para outono.
Estas actuacións serán de balde e comezará coa de Cándido Paleo, músico local da parroquia de Bacoi, o sábado 7; e a Rondalla Latexos de Foz o día 14.
Por outra banda, o sábado 21 ás 19.30 horas na casa da cultura será a quenda de Toupiciencia da Xanela do Maxín no que a Toupiña e o seu axudante Protonio, despois de descubrir a ciencia que se fai en Galicia, andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar, ademais de poñer en valor o galego como lingua científica e gozar coa aprendizaxe e o coñecemento.