A cantante mexicana Lila Downs actuará no Ribadeo Indiano

AMariñaXa
Nesta VII edición do Ribadeo Indiano a cantante mexicana Lila Downs actuará o domingo 10 de xullo no barrio de San Roque
Ribadeo indiano Lila Downs concerto 1
22 Jun 2022

Nesta VII edición do Ribadeo Indiano, que ten como protagonista “a muller na emigración”, o Concello contará coa presenza dunha artista internacional, a cantante, compositora, produtora, actriz e antropóloga mexicana Lila Downs.

A mexicana, dúas veces nominada e gañadora no 2013 dun Grammy e en seis ocasións dos Grammy latino, estará no barrio indiano de San Roque o domingo 10 de xullo ás 20.30 horas.

Trátase dunha das voces máis poderosas e singulares que existen no panorama musical mundial hoxe en día e está considerada unha das artistas femininas más influíntes de México pola revista Forbes.

Os asistentes poderán gozar de composicións e versións como La Llorona, La Martiniana, Cariñito ou Zapata se queda.

Na súa longa e exitosa carreira, ten compartido escenario e gravado discos con artistas como: Chavela Vargas, Carlos Santana, The Chieftains, Ry Cooder Juan Gabrie, Natalia Lafourcade, e un largo etc.

PARALELO AO RIBADEO INDIANO

O Ribadeo Indiano tamén contará coa sétima edición do Mercadiño de Ultramar e un novo espazo gastronómico. O Mercadiño desenvolvérase o sábado 9 de xullo e pretende traer unha recreación e mostra de  produtos e mercancías de ultramar así como de oficios de época. Terá horario continuo dende ás 11:00 da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.

Pola súa banda o espazo gastronómico con foodtrucks, será os días 9 e 10 de xullo e estará localizado na contorna de Praza de Abastos co fin de ampliar as propostas gastronómicas do evento. O prazo de inscrición tamén está aberto ata o 22 de xuño.

Ribadeo indiano Lila Downs concerto
0.099112033843994