A cantante con raíces en Ourol, Sabela, edita o seu primeiro disco

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
13 Nov 2019

A cantante pontesa con raíces en Ourol Sabela Ramil publicará o seu primeiro disco de estudo en solitario, Despedida, o 29 de novembro.

A vocalista galega, finalista na pasada edición do programa televisivo Operación Triunfo, onde fixo unha declarada defensa da lingua e cultura galegas, anunciou a publicación do álbum a través das redes sociais.

"Tiven que pechar para poder abrir. Tiven que despedirme e despídome para dar a benvida a este novo e marabilloso camiño. Nel envorquei o meu tempo e enerxía, baleirei o meu interior e recreei a miña vida e a miña música xunto a persoas extraordinarias", confesaba nas redes sociais.

Polo momento non trascendeu o repertorio do disco, aínda que moitos seareiros da cantante agardan que conteña o tema 'Nai', unha peza que canta dende hai meses.

Nacida nas Pontes, Sabela ten familia en Bravos, en Ourol, a onde volve con frecuencia, mesmo formou parte da directiva da Asociación Aturuxeiros, coñecida por dinamizar a vida social e cultural do municipio ourolés.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16972398757935