A canle de difusión do Concello de Barreiros chega a preto de 250 usuarios no seu primeiro mes
Barreiros chega a ti, nome da canle da entidade local e a través das que se informa das actividades e noticias de interese do Concello de Barreiros, chega a preto de 250 persoas usuarias no seu primeiro mes.
Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros, valora positivamente estes datos de participación “que son un claro exemplo do dinamismo e o interese da veciñanza nas actividades que se realizan no Concello; como puido constatar co alumnado do curso de uso do móbil e fotografías antigas que se está impartindo en Cabarcos e San Xusto, que coñeceron a través da alcaldesa as vantaxes de contar cunha canle deste tipo”.
Os interesados en subscribirse á canle e recibir no móbil as noticias do Concello de Barreiros deben gravar na axenda o teléfono 633 600 435 co nome de “Barreiros chega a ti” e enviar unha mensaxe de WhatsApp con “Alta Barreiros” e o nome e apelidos.