A campaña 'Galicia Sabe Amar' chega a Ribadeo
A campaña 'Galicia Sabe Amar' da Xunta estará o vindeiro domingo, 15 de decembro, en Ribadeo. Será de 12.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas na rúa San Francisco.
'Galicia Sabe Amar', promovida pola Consellería do Mar, "continúa achegando á veciñanza o mellor sabor das rías galegas promovendo o consumo de peixe e marisco, polos múltiples beneficios que ten para a saúde debido á súa riqueza nutritiva. Ademais de fomentar a mellora dos hábitos alimenticios e a saúde da poboación tamén contribúe a divulgar a excelente calidade dos produtos da costa galega".
Na foodtruck, que estará o domingo en Ribadeo, haberá degustacións de diversos produtos das rías galegas. O alcalde, Dani Vega, anima á cidadanía de Ribadeo “a achegarse a saborear as exquisiteces que nos ofrecerá Galicia Sabe Amar, unha campaña que xa pasou por Ribadeo noutras ocasións”.