A campaña Céntimo solidario desenvolverase do 13 ao 23 de maio en Foz
AciaFozCCA colaborará por quinto ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española contra o Cancro, a través da campaña Céntimo solidario, que se desenvolverá do 13 ao 23 de maio.
Pilar García, representante da AECC en Foz, o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de presentala.
Nos establecementos participantes haberá situadas huchas para deixar os donativos que aoss seus clientes queiran depositar.
José Carlos Paleo agradece “o traballo realizado durante todo o ano pola delegación local da Asociación Española contra o Cancro. Desde o CCA tamén queremos unha vez máis colaborar e poñer o noso gran de area co Céntimo Solidario porque toda axuda, sexa a que sexa é importante”. O presidente de AciaFozCCA anima “á clientela dos negocios focenses a participar nesta campaña. A xente estivo a responder ben estes anos e agardamos que neste 2022 tamén aporte o seu gran de area”.