A campaña arqueolóxica de San Vicente de Trigás entra na súa recta final

A excavación da aldea altomedieval de San Vicente de Trigás afronta os seus derradeiros días da campaña de 2025. Os traballos de prospección e investigación, desenvolvidos pola Rede Museística Provincial de Lugo, contan coa colaboración da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Este proxecto enmárcase no ciclo de conferencias “Arqueoloxía e comunidade: San Vicente de Trigás, unha aldea altomedieval posta en valor”, que chegará á súa clausura o domingo 7 de setembro ás 11:00 horas no Museo Provincial de Lugo.
A deputada de Cultura, Iria Castro, desprazouse hoxe ao xacemento para coñecer de primeira man o avance dos traballos. A responsable provincial subliñou que “as conferencias son unha boa ocasión para divulgar os achados e o coñecemento adquirido nas diferentes campañas. Deste xeito facilitamos que a comunidade e as persoas interesadas teñan acceso a esa información e poidan sentirse partícipes”.