A Camovi celebrarase o 5 de setembro

AMariñaXa
A Camovi volverá celebrarse en Viveiro o 5 de setembro. Así  o acordaron tras a cancelación da súa décima edición pola pandemia no 2020.
camovi 2021 viveiro
29 Ago 2021

O Concello de Viveiro presentou a edición deste ano da Camovi, Carrera Montes de Viveiro. Esta edición cambia a súa data ao vindeiro 5 de setembro, en vez de celebrarse en primavera como é habitual. Ademais, este ano cúmprense 10 anos dende a primeira edición, polo que haberá unha exposición para conmemorar o décimo aniversario da proba durante o vindeiro fin de semana. 

Os organizadores desta carreira de montaña, que nas súas últimas edicións contou con varias distancias ademais dos 42 quilómetros, farán un tremendo esforzo para garantir un certame sen riscos. "Celebrarase a condición de que nos autoricen desde o Concello e Xunta así como cumprindo uns novos protocolos da Federación Galega de Montaña e un rigoroso regulamento interno que creamos para a seguridade dos nosos voluntarios e todos os corredores", explicaron.

Pero, para adaptarse ás novas circunstancias, haberá unha reformulación da competición. Contará con menos corredores e con menos distancias, ademais de axustarse a outros protocolos importantes. "Será unha edición diferente, menos dorsais, menos distancias pero non por iso menos Camovi, senón todo o contrario, tivemos moito tempo para traballar nela e xa vos adiantamos que será a edición máis segura pero tamén una das máis intensas e especiais, será o retorno", engaden.

CAMOVI 2021
0.20940399169922