A Camovi abriu o prazo de inscricións

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Feb 2020

A Camovi, a carreira de monte de Viveiro, será o 26 de abril do 2020, e será polo seu percorrido circular.

Haberá diferentes modalidades, a carreira de 42 quilómetros, de 21 e de 10, tamén unha carreira de 42 quilómetros de relevos por parellas e unha carreira infantil.

A organización anuncia que xa leban 170 inscritos e que este ano vai ser unha edición moi especial cargada de novidades.

As saídas están previstas para as 8 da mañá comezando a modalidade de 42 quilómetros e de relevos. Ás 9 comezarán os participantes dos 10 quilómetros, ás 10 a andaina, ás 10.45 os 21 quilómetros e ás 11 será a carreira infantil.

Para apuntarse haberá dous tramos de inscricións, o que remata o 29 de marzo,  e o que comprende do 30 de marzo ao 21 de abril.

O prezo por participar oscilan entre os 15 euros da andaina, e os 45 euros da carreira de relevos por parellas.

0.20376205444336