A Camovi, a carreira de monte de Viveiro, cancelada polo coronavirus
A organización da Camovi, a carreira de monte de Viveiro, comunicou a súa cancelación.
A popular carreira que se ía facer o 26 de abril cancelase por mor do actual momento que estamos a vivir provocado pola pandemia do coronavirus.
Así, quedan tamén cancelados todos os actos paralelos que estaban programados, como o próximo adestramento.
"Foi unha dura decisión, pero moi meditada e consensuada coa alcaldesa do Concello de Viveiro. Decidimos cancelar e non aprazar a carreira por non contraprogramar o calendario 2020 e non entorpecer o traballo doutras organizacións", din dende a organización.
En canto ás inscricións, durante os próximos días Championchipnorte poñerase en contacto con cada un dos participantes para proceder á devolución íntegra da inscrición.
"É un duro revés por todo o traballo realizado e os preparativos que esta X Edición tiña en marcha, pero todo o andado non caerá en saco roto e levará a cabo na edición 2021 con máis forza e enerxía. Agora a principal prioridade é a saúde dos nosos voluntarios, colaboradores, familias e amigos de todo o mundo. Somos de estar fose e cústanos animarvos a que vos quededes na casa, pero é o responsable e recomendable por agora", rematan dicindo.