A calidade da auga das praias de Ril e O Cantiño volve ser excelente

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A calidade das augas das praias de Ril e do Cantiño é excelente.
manualidades
19 Aug 2020

A calidade das augas das praias de Ril e do Cantiño é excelente. Así o recollen os resultados das analíticas realizadas polo Sergas e remitidas hoxe o Concello de Burela. A contaminación microbiolóxica dos últimos días desapareceu polo que o baño nestes areais volve estar permitido, segundo a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.

A edil burelesa comentou que “todas as persoas usuarias das praias de Ril e do Cantiño poden volver bañarse neses areais con todas as garantías, xa que a calidade das augas é excelente. A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia procedeu a comunicarnos no día de hoxe a esta administración local que a situación temporal de contaminación microbiolóxica nas augas de baño, con presenza de enterococos intestinais e escherichia coli dos referidos areais, finalizou ou cesou restablecéndose os parámetros de calidade da auga necesarios para que o baño por parte das persoas usuarias non implique xa un risco para a saúde”.

Toñi Eijo engadiu: “neste sentido, e de acordo coa información que figura na web do Servizo Galego de Saúde, Sergas, o resultado dos controis analíticos das augas de baño das praias de Ril e do Cantiño, volve ter a cualificación de auga excelente para o baño e por tanto non representa risco algún para a saúde humana”.

A concelleira de Medio Ambiente subliñou que “o baño volve ser seguro e retorna a normalidade habitual ás praias de Ril e do Cantiño, tras dúas xornadas de contaminación temporal”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18880701065063