A cabalgata, teatro e música, propostas de Ribadeo para esta fin de semana

AMariñaXa
Os Reis Magos farán o percorrido habitual rematando na Casa do Concello desde o Parque de San Francisco
ribadeo-Foto-Begoña-Sanjurjo-axenda-cultural
3 Jan 2025

Para tomar nota: música, teatro e a cabalgata de reis son algunhas das propostas desta fin de semana en Ribadeo. A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, conta que “nestes últimos días do Nadal aínda nos queda moito que desfrutar. Este día 3 de xaneiro ás catro e media da tarde no auditorio teremos o musical 'Tadeo Jones: la tabla esmeralda'. Mañá, sábado 4, ás sete da tarde en Pedro Murias poderemos asistir á representación da obra 'A presa' do grupo humorístico Trípode. Despois ás nove menos cuarto teremos o concerto de reis na igrexa parroquial. Manoele de Felisa estará acompañado pola Coral Polifónica de Ribadeo e o Coro Sagrado Corazón. E case rematando o día, ás 23.59 horas na carpa do parque terá lugar o Xara Ano Novo”.

A edil ribadense engade que “o domingo, 5 de xaneiro, recibiremos ás súas Maxestades de Oriente ás seis da tarde na cabalgata, que fará o percorrido habitual rematando na Casa do Concello. A saída será desde as inmediacións do parque de San Francisco”.

0.16773915290833