A Biblioteca Municipal ofrecerá unha tarde de creatividade e lectura o sábado 25 de outubro

A Biblioteca Municipal converterase este sábado, 25 de outubro, nun punto de encontro para a imaxinación e o entretemento. Entre as 17:00 e as 20:00 horas, o edificio acollerá unha completa xornada de obradoiros e xogos destinada a nenos e nenas de ata 12 anos, coa intención de achegar á infancia ao pracer da lectura e ao valor das bibliotecas como espazos vivos de cultura.
A proposta, totalmente gratuíta e sen necesidade de inscrición previa, está pensada para que as familias poidan achegarse libremente e compartir unha tarde diferente, onde o xogo, a creatividade e os contos serán os protagonistas.
Desde o Concello destacan que esta actividade pretende reforzar o papel da Biblioteca Municipal como lugar de encontro, aprendizaxe e descubrimento, abrindo as súas portas a novas xeracións de lectores e lectoras.
“Queremos que os máis pequenos descubran que ler tamén pode ser un xogo, unha aventura e unha maneira de coñecer o mundo”, sinalan desde a organización. A cita promete unha combinación perfecta de diversión e cultura, consolidando á biblioteca como un espazo central na vida comunitaria.