A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho ofrecerá un curso de escritura creativa a partir de setembro

AMariñaXa
A iniciativa está destinada a persoas maiores de 16 anos e contará cun máximo de 12 prazas
Ribadeo-Biblioteca-El-Viejo-Pancho
18 Aug 2025

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo abrirá en setembro un curso de escritura creativa pensado para quen queira experimentar coa palabra escrita, potenciar a súa capacidade narrativa e descubrir novas formas de expresión. Trátase dunha actividade dirixida a maiores de 16 anos que busquen tanto mellorar a súa técnica literaria como compartir a experiencia de escribir nun grupo reducido.

O curso contará cun máximo de 12 participantes, polo que será necesario formalizar a inscrición con antelación. As persoas interesadas poden obter máis información e anotarse a través de Whatsapp no número 604 084 201 ou mediante o correo electrónico biblioteca@ribadeo.gal.

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, destacou que “esta proposta encaixa na vontade de seguir ampliando a programación cultural e formativa da Biblioteca Municipal, ofrecendo á cidadanía espazos para crear, dialogar e vivir a lectura e a escritura en comunidade”.

⚙ Configurar cookies
0.17965197563171