A Biblioteca Municipal do Vicedo celebrará o Día Internacional do libro infantil
O vindeiro 2 de abril celébrase o Día Internacional do libro infantil e xuvenil. Ademais dalgunhas actividades que irán organizando desde a biblioteca, presentaron o concurso que organiza a OEPLI (Organización española para o libro infantil) sobre este día.
Trátase dun concurso infantil-xuvenil de fotografía sobre literatura infantil, ao que chaman selfie lix, onde hai que escoller unha ilustración dun personaxe ou unha escena da literatura infantil e xuvenil, despois facer unha fotografía que recree o personaxe ou a escena escollida, e por último presentar a fotografía xunto co fragmento ou a ilustración que a inspira, indicando o título do libro ao que pertence.
Despois haberá que presentalo na Biblioteca Municipal do Vicedo, que enviará os 3 mellores ao concurso a nivel nacional.
O prazo para presentar estas fotografías remataría o mesmo día 2 de abril.