A biblioteca municipal de Alfoz pechará por vacacións ata o 9 de setembro

A veciñanza de Alfoz non poderá acceder á biblioteca municipal durante uns días. O Concello informou de que o espazo permanecerá pechado dende o 25 de agosto ata o 9 de setembro, ambos incluídos, debido ao descanso do persoal.
A partir do mércores 10 de setembro, a biblioteca volverá abrir as súas portas no horario de costume. Así, os usuarios poderán achegarse de luns a venres, entre as 15:00 e as 20:30 horas, para realizar préstamos, consultas ou gozar dun espazo tranquilo de lectura.
Dende o goberno local lembran que este peche é temporal e que se retomar á actividade con normalidade tras este período vacacional.