A biblioteca municipal de Alfoz contará co carné de super lector a partir de setembro
A biblioteca, situada no primeiro andar da casa da cutura, continúa día a día intentando mellorar. Nestes anos realizáronse cambios importantes no mobiliario e deseño do espazo aos que hai que sumarlle un amplo abano de actividades sobre todo para os máis novos. Agora estanse a reorganizar os numerosos fondos bibliográficos e poñendo en marcha novas medidas para a súa dinamización.
As seccións infantís e xuvenís contan cunha clasificación por idades e contidos máis atractiva para os pequenos e pequenas e máis práctica para as familias.
A novidade é que a partir de setembro, todos os nenos e nenas que o desexen, terán un carné de súper lector no que irán acumulando puntos en forma de estrela que poderán trocar por agasallos.
Este carné, independente do carné da biblioteca, será gratuíto para os menores de 16 anos e poderá solicitarse a partir do 1 de setembro. “Con el pretendemos facer fieis aos lectores e lectoras máis novos, fomentando a lectura e tamén promocionar os servizos que lles ofrece a biblioteca”, din dende o Concelo.
Tamén en setembro retomarase o Club de lectura e adquiriranse novidades editoriais para continuar completando os fondos da biblioteca.