A biblioteca do Vicedo está a incorporar novos libros

AMariñaXa
A biblioteca do Vicedo está a incorporar novos libros tanto de sección infantil e xuvenil como para adultos
biblioteca O vicedo
21 Out 2022

A biblioteca do Vicedo está a incorporar novos libros tanto de sección infantil e xuvenil como para adultos polo que contan cunha ampla e variada oferta lectora.

Dende a directiva din que é necesario ter carné da biblioteca para facer uso das instalacións e que é totalmente gratuíto ademais de ser valido para todas as bibliotecas de Galicia.

O horario de apertura do centro é de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.30 horas.

0.096445083618164