A biblioteca do Vicedo acollerá unha xornada de actividades para os nenos

AMariñaXa
Este venres 14 de maio, a biblioteca do Vicedo acollerá unha xornada de promoción con actividades para os nenos.
biblioteca O vicedo
12 Maio 2021

Este venres 14 de maio, a biblioteca do Vicedo acollerá unha xornada de promoción con actividades para os nenos de educación infantil e primaria.

Ao longo da tarde poderanse expedir os carnés gratuítos para os novos socios e que servirán tanto para a biblioteca do Vicedo como para calquera da comarca e Galicia.

Ademais haberá un pequeno agasallo para cada neno que se pase nesa xornada pola biblioteca.

0.14147186279297