A biblioteca do Concello de Barreiros convoca os clásicos certames de Nadal

AMariñaXa
A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros fixo público o fallo do xurado da fase loca do Concurso de Poesía e Debuxo do Nadal 2021.
debuxo colorear nenos artes
3 Dec 2023

A biblioteca do Concello de Barreiros convoca un ano máis os clásicos certames de Nadal, o de debuxo e o de poesía, ambos son certames infantís.

O certame de debuxo infantil será para nenos de entre 3 e 5 anos, e os traballos deben realizarse en tamaño A4 e con calquera técnica.

O poesía contará con tres categorías, A de ata 8 anos, B de 9 a 11 e C de 12 a 16 anos. Os poemas deberán estar escritos en galego e a extensión será dun folio por unha soa cara.

Os traballos de ambos concursos deben presentarse nos colexios do Concello ou na biblioteca e o prazo de presentación é ata o 22 de decembro.

certame nadal barreiros 2023
0.15890789031982