A biblioteca de Xove estará pechada ata o 17 de outubro

AMariñaXa
O Concello de Xove vén de comunicar que a biblioteca municipal, ubicada no Camiño Real, estará pechada ata o vindeiro 17 de outubro
centro civico Xove google
2 Out 2022

O Concello de Xove vén de comunicar que a biblioteca municipal, ubicada no Camiño Real, estará pechada ata o vindeiro 17 de outubro por mor das obras de mantemento das instalacións.

Así, informan de que a devolución dos libro poderá facerse no Concello en horario de mañá de 7.45 a 15.15 horas.

A biblioteca no seu horario habitual abre de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e de 16.00 a 20.30 horas, e os sábados de 11.00 a 13.00 horas. Durante xullo e agosto de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas e os sábados de 11.00 a 13.00.

Calquer dúbida ou información pódese escribir un correo a xove.rbgalicia@eidolocal.es ou chamar ao 982 532 001.

0.1797730922699