A Biblioteca de Ribadeo convoca o certame de narración e debuxo das Letras Galegas
A Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, convoca o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2022 na súa fase local.
Na cita poden participar todas os nenos con narracións, en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara e con debuxos, feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio), ambos os dous sobre o tema O que pasa ao meu arredor, observa o mundo. Non
precisas subir nun foguete nin nun avión. Mira ao teu arredor. Que ves? Que pasa? Como te sentes Podes contalo. O que ves, o que sentes, o que pensas é importante. É a túa visión do mundo. E para nós, é valiosa.
Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. No reverso de cada traballo irán escritos os seguintes datos : nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e colexio do autor ou autora.
Establécense tres categorías : A, ata 8 anos, B, de 9 a 11 anos, e C, de 12 a 16 anos. O prazo de presentación rematará o vindeiro 27 de abril e os traballos deben ser entregados na Biblioteca Municipal.
O xurado, formado por persoas entendidas na materia, seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de tres traballos. O fallo farase público despois do Día das Letras Galegas.
Os traballos premiados nesta fase local, participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia.
Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos.