A biblioteca de Ourol pon a disposición os libros obrigatorios dos colexios e institutos da contorna
Como cada ano, a biblioteca de Ourol pon a disposición dos estudantes os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna.
Lembran que se poden reservar os libros, as reservas gárdanse durante 3 días, renovar por teléfono, whatsapp ou na conta de usuario.
Se aínda non se é socio pódese facer na biblioteca de forma totalmente gratuíta, o carné é válido para calquera das que estén dentro da Rede de Bibliotecas de Galicia e ten múltiples vantaxes.
Para máis información haberá que chamar ao teléfono 982 559 019 ou por correo electrónico biblioteca@concellodeourol.es. O edificio está situado no primeiro piso da casa da cultura, antigo Cuartel da Garda Civil.
O horario é de de luns a venres de 8.00 a 14.30 horas e durante o verán ata ás 14.00 horas.