A Biblioteca de Ourol pon a disposición os libros de lectura obrigatoria

AMariñaXa
Un ano máis a Biblioteca Municipal de Ourol pon a disposición dos seus socios os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos
biblioteca ourol
13 Sep 2022

Un ano máis, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades na educación ás familias e facilitar o acceso ós recursos educativos, a Biblioteca Municipal de Ourol pon a disposición dos seus socios e socias os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna.

Para usar este servizo é necesario ser socio e no caso de non selo podese facer nun momento na biblioteca de forma totalmente gratuíta.

O préstamo de libro é de 21 días, renovable outros 21, sen embargo no caso das lecturas escolares pode estenderse por máis tempo.

Pódese solicitar información chamando ao teléfono 982 55 90 19 ou no 608 694 051.

libros texto biblioteca ourol 2022
0.16689610481262