A Biblioteca de Ourol pon a disposición dos estudantes os libros de lectura obrigatoria

AMariñaXa
Un ano máis a Biblioteca Municipal de Ourol pon a disposición dos seus socios os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos
biblioteca ourol
25 sep 2023

Un ano máis, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades na educación ás familias e facilitar o acceso ós recursos educativos, a Biblioteca Municipal de Ourol pon a disposición dos seus socios e socias os libros de lectura obrigatoria dos colexios e institutos da contorna.

Para usar este servizo é necesario ser socio e no caso de non selo podese facer nun momento na biblioteca de forma totalmente gratuíta.

O préstamo de libro é de 21 días, e o tempo de reserva de libro é de 3 días.

Pódense reservar os libros por Whatsapp no 608 694 051 ou desde a conta de ususario da biblioteca. Para solicitar información chamando ao teléfono 982 55 90 19.

libros lectura escola ourol biblioteca 2023
0.09460711479187