A biblioteca de Ourol acollerá un contacontos de Nadal e a visita de Papá Noel

AMariñaXa
A biblioteca municipal de Ourol acollerá un contacontos de Nadal e a visita de Papá Noel para o vindeiro venres 23 de decembro.
nadal arbores festa
nadal arbores festa
17 Dec 2022

A biblioteca municipal de Ourol acollerá un contacontos de Nadal e a visita de Papá Noel para o vindeiro venres 23 de decembro.

Esta cita será no edificio multiusos de Ourol ás 18.00 horas e está destinada a nenos a partir de 3 anos e as súas fmailias.

Para asisitir será necesario anotarse antes do 21 de decembro no seguinte enlace. Para máis información será necesario chamar ao teléfono 982 559 019.

O contacontos estará a cargo de Didi que é o elfo máis despistado do mundo e sempre chega demasiado cedo ou demasiado tarde, pérdese polo camiño...

Ademais, dende a organización lembran que se poden levar as cartas de Papá Noel para entregarllas directamente.

contacontos nadal ourol 2022
0.1282160282135