A biblioteca de Burela xa ten gañadores nos certames de Postais e Poesía infantil de Nadal
A biblioteca pública municipal de Burela acaba de fallar os Certames de Postais e de Poesía infantil Nadal 2018. Os premios serán entregados na sala de arte da Casa da Cultura o 25 de xaneiro ás 19:30 horas para despois inaugurar a exposición das postais presentadas ao concurso, mostra que pode visitarse de luns a venres de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas na Sala de Arte, no primeiro andar da Casa da Cultura.
Os premiados desta edición no Certame de Postais en educación infantil foron no primeiro premio José M.ª García Fra, o segundo premio foi para Leire López Fernández e o terceiro foi para María Rega Eijo, todos eles do CEIP Vista Alegre.
En 1º e 2º de Primaria o primeiro premio foi para Cyntia García Leal do CEIP Virxe do Carme, o segundo foi para Juan Bautista Jiménez Rodríguez do CEIP Vista Alegre e o terceiro para Lara Romo Leivas tamén do CEIP Vista Alegre.
En 3ºe 4º de Primaria o primeiro premio foi para Charlotte Romero Peña e o segundo para Serea Cayón Villamil ambas do CEIP Vista Alegre, e o terceiro premio foi para Alejandra Rodríguez Pernas do CEIP Virxe do Carme.
En 5º e 6º de Primaria o primeiro foi para Alexandre García Pousa do CEIP Vista Alegre, o segundo para Laura Paleo Ramos e o terceiro para Carmela Fernández García, ambas do CEIP Virxe do Carme.
Os premiados desta edición no Certame de Poesía Infantil de Categoría B o primeiro premio foi para Claudia Fraga Canel do CEIP Vista Alegre (11 anos). E na categoría C o primeiro premio foi para Laura González Freire do IES Perdouro.