A Biblioteca de Burela presenta o espectáctulo 'A igualdade non ten idade'

AMariñaXa
Mañá, 10 de marzo, ás 21.00 horas no auditorio da casa da cultura terá lugar o espectáculo Tabú, de Tarabela Teatro.
burela a igualdade nonte idade auditorio setembro 2023
28 sep 2023

A Biblioteca Municipal de Burela presenta o espectáctulo 'A igualdade non ten idade' de Luis Vallecillo, como parte do programa Ler Conta Moito.

Terá lugar este sábado, 30 de setembro, ás 18.00 no auditorio da Casa da Cuiltura de Burela. Esta actividade, gratuíta e dirixida ao público familiar, está organizada pola delegación municipal de Cultura do Concello de Burela.

No espectáculo, ambientado nun futuro non moi distante, Luis ten a oportunidade de contar cómo as rapazas e rapaces do seu tempo foron capaces de cambiar o mundo axudando ás persoas maiores a comprender o que verdadeiramente era a igualdade. Nel descubriremos a “Canción” que permitiu converter todas as inxustizas en oportunidades, logrando unha sociedade na que se respeta a todas as persoas, diversas na súa esencia, pero iguais nos seus dereitos. Todo isto, a través de música, xogos e dinámicas divertidas.

Luis Vallecillo é compositor, músico, titiriteiro, escritor dramaturgo e poeta; un artista multidisciplinar, que tamén é técnico superior en Animación Sociocultural.

O programa Ler Conta Moito ten por obxectivo xeral animar á lectura a través dunha programación de actividades atractivas. Con el preténdese fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizaxe permanente; promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo; volorar o libro e fomentar a lectura como elemento de transmisión de coñecemento e de reflexión.

burela a igualdade nonte idade auditorio setembro 2023
0.14824295043945