A Biblioteca de Barreiros premia o talento infantil no certame de Debuxo e Poesía Nadal 2025

AMariñaXa
Os traballos gañadores da fase local en poesía competirán agora na convocatoria provincial da Biblioteca Pública de Lugo
casa-do-concello-de-barreiros
27 Dec 2025

A Biblioteca Pública Municipal de Barreiros fixo públicos os nomes das nenas e nenos premiados na fase local do certame de Debuxo e Poesía Nadal 2025, unha iniciativa que cada ano pon en valor a creatividade e a expresión artística da rapazada do municipio durante as festas do Nadal.

Na modalidade de debuxo, o xurado recoñeceu os traballos de Alma Sánchez Cuervo, Macarena Iglesias Loureiro e Xoel Barrera Fernández, destacando a orixinalidade das propostas e a calidade artística das ilustracións presentadas.

No apartado de poesía, os premios repartíronse por categorías. Na categoría A, resultaron premiados Dakota Elizabeth Eijo Caballero, Daniel Saa Fernández e Marco Díaz Carril. Na categoría B, os recoñecementos foron para Mateo Rañón Broz, Xana Diez Goas e Laura Vidal Vega, mentres que na categoría C destacaron os poemas de Carla Rañón Broz e Sara González Pérez.

Ademais do recoñecemento a nivel local, os traballos galardoados na modalidade de poesía pasan agora á fase provincial, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo, onde competirán con propostas doutros concellos da provincia.

Desde a Biblioteca de Barreiros quixeron trasladar o seu parabén ás gañadoras e gañadores, así como agradecer a participación de todas as nenas e nenos que presentaron os seus traballos, salientando a elevada calidade e a ampla resposta rexistrada nesta edición do certame.

⚙ Configurar cookies
0.078437089920044