A Biblioteca de Barreiros acollerá un obradoiro de papiroflexia para celebrar o Día do Libro
AMariñaXa
As nenas e menos participantes elaborarán flores e marcapáxinas coa técnica de papiroflexia, unha proposta lúdica que fomenta a expresión artística

18 Apr 2025
Co gallo da celebración do Día do Libro, o Concello de Barreiros, a través da biblioteca municipal, organiza un Obradoiro de papiroflexia dirixido á cativada. A actividade terá lugar o martes 22 de abril de 16.00 a 17.30 horas.
Durante o Obradoiro, as nenas e menos participantes elaborarán flores e marcapáxinas coa técnica de papiroflexia, unha proposta lúdica que fomenta a expresión artística.
O obradoiro é gratuíto para todos os asistentes pero é preciso inscribirse previamente na propia biblioteca ou a través do teléfono: 982 124 106.