A biblioteca de Alfoz cambia o seu horario durante o verán

AMariñaXa
Os libros poderanse devolver empregando o buzón de devolucións situado no exterior da Casa da Cultura
centro-sociocultural-biblioteca-alfoz
26 Xuño 2024

A biblioteca pública de Alfoz cambia o seu horario durante o verán. Durante o mes de xullo, abrirán polas mañás de 9.00 a 14.30 horas, aínda que dende o día 8 de xullo ata o 19 de xullo estará pechada por vacacións do persoal. Porén, os libros poderanse devolver empregando o buzón de devolucións situado no exterior da Casa da Cultura.

0.10018301010132