A biblioteca de Alfoz acolle un obradoiro de procura de información en Internet

AMariñaXa
O martes 23 de novembro ás 17.00 horas na Biblioteca Municipal terá lugar un obradoiro de procura e selección de información en Internet
obradoiro alfoz internet informacion 1
2 Nov 2021

O martes 23 de novembro ás 17.00 horas na Biblioteca Municipal terá lugar un obradoiro de procura e selección de información en Internet para facer traballos, orientado a alumnado de ESO, BAC e FP.

As prazas son limitadas e é unha actividade de balde. Para anotarse haberá que chamar ao 982 558 001 (ext 3) a partir do 8 de novembro e se hai algunha dúbida poderá solventarse no mesmo teléfono pero extensión 2.

Recoméndase levar ordenador ou tablet se se pode pero de non telos, contan con 3 tablets e 2 ordenadores na biblioteca para poder usar. Entregarase un dossier con toda a información a cada alumno. 

obradoiro alfoz internet informacion
0.15879011154175