A Benquerencia Terra-Mar chega a súa décima edición

AMariñaXa
A cita será o vindeiro 4 de agosto con saída ás 11.00 para as carreiras infantís
benquerencia_terra_mar
29 Xul 2024

Volve unha nova edición da Benquerencia Terra-Mar, que este ano chega a súa décima convocatoria con agasallo para todas as categorías ata fin de existencias. Poden participar na proba, que terá lugar en San Pedro de Benquerencia, pitufos, Sub8, Sub12, Sub14, Sub16 e Absoluta.

Actualmente a carreira suma xa  máis de 150 inscritos. A cita será o vindeiro 4 de agosto con saída ás 11.00 para as carreiras infantís e ás 12.00 para a categoría asbolita. Está organizada por A. D. Augas Santas coa colaboración do Concello e da Deputación. Os interesados poden inscribirse a través da web.

0.17228507995605