A batalla pola Alcaldía do Valadouro
O Valadouro é o segundo concello con máis candidaturas para intentar darlle a volta á balanza política e cambiar o rumbo do municipio
O socialista Edmundo Maseda preséntase para conseguir outra vez o bastón de mando do concello valadourés e que lidera grazas ao seu socio de goberno do Bloque Nacionalista Galego, Edmundo Chao, quen tamén repite ao fronte dos nacionalistas como alcaldable. No relativo ao Partido Popular, José Manuel Lamela repite tamén como candidato para recuperar a Alcaldía perdida na moción de censura do 2013. Udival seguirá con María José Fernández para manterse ou mellorar a posición no Concello. Aparece no panorama Partido Galego con Enrique Geada.
PSOE. Edmundo Maseda volverá ser o alcaldable socialista no Valadouro. Maseda foi voceiro municipal no 2013 cando o anterior cabeza de lista, Jose Luis García Rubal, presentou a súa dimisión. En xuño dese ano liderou unha moción de censura do seu partido, coa formación conservadora Udival e o BNG contra o ata daquela alcalde popular José Manuel Lamela, que venceu, polo que se proclamou alcalde do Valadouro. Foi reelixido alcalde tralas eleccións municipais de 2015 e 2019.
Presentan unha candidatura continuísta, con varias incorporacións novas para avanzar no proxecto dos socialistas e “seguir gobernando para todos e cada un dos veciños do Valadouro”, destacou o alcalde.
PP. Un total de 19 persoas compoñen a candidatura coa que o Partido Popular concorre ás eleccións, e que lidera de novo José Manuel Lamela. Trátase dun equipo de persoas “comprometidas” e con perfís vinculados ás necesidades deste municipio mariñao que, nos últimos anos, “foi máis protagonista polos desencontros protagonizados polo goberno que pola xestión”.
Así de contundente o manifestaba o alcaldable popular, logo de agradecer aos seus compañeiros de lista “o esforzo por dar o paso para traballar e ser a alternativa ao desgoberno e á inestabilidade que tivemos nos últimos tempos”. Deste xeito, Lamela explicou que se trata dunha candidatura que “combina experiencia e renovación” ao incluír sete novas incorporación para reforzar o proxecto popular no municipio.
A lista “non só foi deseñada para gañar; senón tamén para gobernar e dar a este concello a estabilidade gobernamental que tanto necesita”, di Lamela. De feito, engade, “creo firmemente que a única opción que representa un proxecto político serio, responsable e que traballe dende o rigor é a nosa formación”. E é que, segundo dixo, “votar ás forzas da esquerda tería como resultado seguir no estancamento e no bloqueo administrativo”.
Lamela fai esta valoración porque “xa vimos que os socialistas están gobernando en minoría, dado que nin eles mesmos se entenden e, incluso, se foron concelleiros”.
BNG. O BNG vén de presentar a candidatura para a alcaldía de O Valadouro, candidatura con moitas e novas incorporacións co obxecto de liderar o goberno municipal para continuar avanzando no traballo iniciado desde a tenencia de alcaldía e desde as concellarías de cultura, obras e deporte, desde as que se situou ao concello como referencia en diversos ámbitos, coma no sector agrogandeiro ou nos eventos culturais e deportivos.
Así, o cabeza de lista e o actual tenente alcalde Eduardo Chao González a persoa designada pola asemblea local para aspirar á Alcaldía. Chao, que levou ao BNG a formar parte do goberno local desde setembro do 2021 é veciño da parroquia de Santa Cruz e traballador na factoría de Alcoa.
Según declaracións do candidato “todo o traballo desenvolvido ata agora escoitando á veciñanza e atendendo as súas demandas vai dando os seus froitos e vai situando ao noso concello como referencia en moitos eidos. Somos conscientes que queda moito por facer e que todos e cada un dos veciños e veciñas son imprescindibles para esta labor ilusionante que temos por diante e da que queremos que participen para conseguir o mellor para O Valadouro”.
O conxunto da candidatura formada por persoas das diferentes parroquias e da vila e que traballan tamén en diversos colectivos será presentada proximamente nun acto público.
UDIVAL. Os independentes do Valadouro, que contan cun concelleiro na corporación, volven a estar representados por María José Fernández Díaz.
Así, A Unión Democrática Independiente do Valadouro preséntase con novas incorporacións na súa lista.
PARTIDO GALEGO. Enrique Geada Arca, que é o secretario local da formación, será o alcaldable que buscará conseguir algún concelleiro.
Geada presenta “unha candidatura electoral representativa e sobre todo que pretende introducir no concello unha nova forma de facer política útil, propoñendo solucións, bo entendemento e buscando a centralidade no Valadouro”.
“O primeiro punto a ter en conta será a aprobación dun novo PXOM, o segundo a problemática derivada do despoboamento do concello e o terceiro o desenvolvemento dun Plan de Viabilidade Económica”, dixo Geada.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PP
1. José Manuel Lamela Piñeiro
2. Senén Castro Lorenzo
3. Lorena Díaz Pita
4. Ana Isabel Rubal Balseiro
5. Juan José García Pedreira
6. Edgar Cao López
7. Rocío Blanco Pliego
8. Ana María Pita Prieto
9. Alfonso Cabanas Fernández
Suplentes:
1. Ginés Cao Rivera
2. Juana Estrella García Parga
3. Justino Fernández Rolle
4. Zaira Fernández Vázquez
5. Uxía Ínsua Castro
6. Cesáreo Seara Balmayor
7. Teresa Galdo García
8. Rafael Castro Sifontes
9. Luis Campo Díaz
10. Jaime Fraga Expósito
PSOE
1. Edmundo Maseda Maseda
2. María Xosé Barreira Goás
3. Alejandro Fernández Reigosa
4. Sara Val Vázquez
5. Adrián Rego Seijas
6. Esteban Arturo Prieto Ferreiro
7. María Pilar Vázquez Hermida
8. José Ramón Santiso Pérez
9. Luis Pernas Balseiro
Suplentes:
1. Servando García Balmayor
2. Alejandro Teijeiro Barreira
UDIVAL
1. María José Fernández Díaz
2. Noé Fernández Rolle
3. Pedro Paz González
4. José Alberto Legaspi Maseda
5. Ramiro Gómez Paz
6. María del Carmen Lorenzo Rego
7. María Josefina Fernández Reigosa
8. Macario Salvador Mate Tordable
9. Patricia García García
Suplentes:
1. Alejandra López-Leitón Peinó
PARTIDO GALEGO
1. Enrique José Geada Arca
2. Evaristo Maseda Vizoso
3. Juán Luís Pisón Villapol
4. Alejandra Goás López
5. José Val Rouco
6. Concepción Abad Nieto
7. Manuel Rey Puente
8. José Antonio Díaz Rodríguez
9. Miguel Ángel Geada Arca
BNG
1. Eduardo Chao González
2. Eliseo Teijeiro Orol
3. Rosa María Fernández Eijo
4. Beatriz Álvarez Sixto
5. Jorge José Vázquez Artiaga
6. Eva María Folgueira González
7. Pedro Rolle Chaves
8. Ruth Rodríguez Bermúdez
9. Emilio José Palmeiro Rodríguez
Suplentes:
1. Iván Lozano Iglesias
2. María del Mar Lorenzo González
3. Carlos Cornide Pumares
4. María Pilar Pardo Pérez
5. Xosé Luís Chao González
6. Salvador Lourido Carreiras