A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá un concerto por Santa Cilla

AMariñaXa
Estreará cinco pezas, nesta cita o día 16 deste mes ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval
ribadeo-banda-concerto
7 Nov 2024

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará cinco pezas no concerto de Santa Cilla que ofrecerá o día 16 deste mes, sábado, ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester Martínez, anuncia que “no mes de novembro é a nosa patroa, Santa Cilla, e como sempre a Banda Municipal de Música de Ribadeo non podía celebralo doutra maneira que cun concerto. Este ano vai ser o sábado 16 de novembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval e de todas as pezas que imos interpretar só unha delas xa foi tocada pola Banda; o resto das partituras van estar por primeira vez nos nosos atrís”.

David Ballester engadiu: “Tamén é un motivo de alegría que neste concerto haberá algunha incorporación de músicos”.

0.19203305244446