A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria

AMariñaXa
A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria o 25 de xullo
CARTEL BANDA DE RIBADEO CONCERTO DÍA DA PATRIA 2023
20 Xul 2023

A Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria o 25 de xullo, martes, ás 20.30 horas no Campo de San Francisco. No caso de mal tempo trasladaríase ao Teatro.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “co concerto do 25 de xullo, que será no Campo de San Francisco ás oito e media da tarde, celebraremos o Día de Galicia cun repertorio variado, tanto de música galega como doutros estilos”.

Festival de bandas ribadense o día 29

David Ballester tamén comentou que este sábado, 22 de xullo, a Banda de Ribadeo participará nun encontro de bandas que se celebra en Meira. E ademais adiantou que o sábado 29 de xullo terá lugar o festival de bandas ribadense, no que participará a de Vilalba xunto coa local. “Ás sete da tarde faremos un pequeno pasacalles dende o Teatro ata o Campo de San Francisco e a continuación, ás 19:30 horas, terá lugar o concerto no auditorio Hernán Naval, onde as bandas farán primeiro unha actuación individual e despois tocaremos unhas pezas as dúas xuntas, con todos os integrantes”, explicou Ballester.

O director da Banda de Ribadeo rematou invitando “á xente que se atope en Ribadeo a vindeira semana a asistir ao concerto do 25 de xullo no Campo de San Francisco ás 20:30 horas e o sábado 29 de xullo ás 19:30 horas no auditorio Hernán Naval para o festival de bandas”.

CARTEL BANDA DE RIBADEO CONCERTO DÍA DA PATRIA 2023
0.10649013519287